Xornada de acollida

Ao comezo de cada curso académico, en setembro, organízase unha Xornada de Acollida

 

O máster realiza unha xornada, previa ao comezo das clases, de acollida e orientación ao novo estudantado, onde o persoal coordinador do máster e das materias explica ao novo estudantado:

  • Como contactar coa coordinación do máster, coordinacións de materia, profesorado, e secretaría do máster.
  • Como se realiza a coordinación entre as materias do máster.
  • Como se realiza o acceso á plataforma de teledocencia TEMA.
  • Como se consegue enderezo electrónico da Universidade de Vigo
  • Onde se encontra a documentación entregada polo profesorado do máster e como se accede.
  • Onde se encontra as guías docentes, guía de titulación, calendario/horario, regulamento do TFM, guía de solicitude e asignación de TFM, guía de entrega e presentación do TFM, etc…
  • Explicación do procedemento para solicitar o TFM.
  • Explicación do procedemento para solicitar Prácticas en empresa.
  • Método de avaliación de cada unha das materias do máster na convocatoria de xuño e xullo.
  • Como presentar queixas e suxestións.
  • Clases prácticas en instalacións previstas.

Así mesmo, na presentación infórmase sobre servizos da Universidade de Vigo.

Realízase un documento para apoio á exposición que se deixa como referencia co resto da documentación na plataforma de teledocencia TEMA.