Convocatoria de matrícula en estudos de posgrao para o curso 2024/2025
Inicio
Avisos
Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
No curso 2021/2022 retómase a docencia do Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade, chegando deste xeito á súa XIII edición.
O obxectivo do mestrado é impartir coñecementos relativos á enerxía, abarcando conceptos como a eficiencia e certificación enerxética, enerxías renovables e implantación de sistemas enerxéticos tanto no ámbito industrial como no sector terciario. O mestrado ten unha clara vocación práctica, de modo que o estudante poida empregar os coñecementos recibidos na realización de proxectos onde se incorpore tanto a parte técnica como a económica e ambiental.
As clases do mestrado impartiranse preferentemente os venres de tarde e os sábados de mañá. Os exames de materia e a presentación de traballos realizaranse preferentemente os xoves a partir das 19:00.
Durante o curso, reforzarase a utilización de ferramentas de docencia remota sen perder de vista que o mestrado na actualidade está deseñado como un mestrado presencial. A modo de exemplo, a defensa de traballos poderá realizar de forma remota mediante as ferramentas desenvolvidas pola UVIGO para este propósito.