Requisitos específicos de admisión
Preferiblemente estudos técnicos previos (Enxeñarías, Enxeñarías Técnicas, Arquitectura, Arquitectura Técnica).
A inscrición do estudantado no máster farase valorando o seu expediente académito e curriculo atendendo aos seus méritos.
Para poder valorar axeitadamente o curriculo do estudantado que desexe inscribirse no máster, é necesario que no dito curriculo apareza de forma clara e detallada os aspectos indicados a continuación:
- É necesario achegar copia de expediente oficial no que figure a nota media da titulación.
Para que sexa posible a súa valoración é necesario especificar:
- Entidade que imparte o curso
- Duración/Datas
- Presencial/semipresencial/a distancia
- Breve explicación de contidos
- Sistema de avaliación (exame, traballo, asistencia, etc…)
É necesario especificar:
- Empresa.
- Sector de actividade.
- Duración contrato.
- Breve descrición da actividades da empresa.
- Descrición do traballos realizados dentro da empresa.
Perfil de ingreso
O estudantado do Máster en Enerxía e Sustentabilidade debe ter como mínimo coñecementos básicos de:
- Electrotecnia
- Termotecnia
- Química Industrial
- Economía Industrial
Tamén sería recomendable que dispuxese de coñecementos de mecánica de fluídos, instalacións eléctricas e instalacións térmicas.
Por tanto, o perfil de ingreso recomendado é un enxeñeiro, arquitecto, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, Graduado en titulación relacionada coa enxeñaría ou a enerxía. Tamén, dependendo da especialidade realizada, poden encaixar no perfil recomendado, entre outros, licenciados en Ciencias Químicas ou Físicas ou similares.
Poderá acceder ao máster o estudantado que cumpra os requisitos de acceso establecidos no artigo 3 do RD 56/2005, do 21 de xaneiro. As titulacións sen requisitos adicionais de acceso son:
- Enxeñaría Industrial, Máster en Enxeñaría Industrial
- Enxeñaría de Minas
- Grao en Enxeñaría da Enerxía
- Enxeñaría Técnica Industrial
- Grao en Enxeñaría Eléctrica
- Grao en Enxeñaría Mecánica
- Grao en Tecnoloxías Industriais
- Enxeñaría Técnica en Industrias Forestais
A Comisión Académica poderá valorar outros requisitos ademais da titulación de grao de orixe, como idiomas, outros másteres ou cursos realizados en enerxía ou medioambiente, etc… Así mesmo, a comisión poderá decidir realizar probas de acceso ou entrevistas persoais.