Para o desenvolvemento do títuo contamos coas infraestruturas da Escola de Enxeñaría Industrial, entre as que cabe destacar:

A Escola tamén dispón de:

  • Aula de grao con capacidade para 60 persoas (con sistemas de proxección e megafonía)
  • Salón de Actos con capacidade para 350 persoas (con sistemas de proxección e megafonía)
  • Despachos, Sala de Xuntas, Delegación e secretaría de estudantes, Unidade de Posgrao, Conserxaría
  • Servizos de comedor, cafetaría e reprografía
  • Wifi

A Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo facilitará as instalacións necesarias para o desenvolvemento da titulación, e realizará as xestións oportunas con outros centros, departamentos e unidades para facilitar o acceso aos recursos e servizos da universidade, de maneira que poidan atenderse as necesidades básicas que requira a titulación.

Por outra parte, existen unha serie de rutinas orientadas a garantir o mantemento dos recursos materiais e servizos para que desempeñen de forma sostida no tempo a función para a que están previstos. Con ese fin actúase en colaboración directa coa Unidade Técnica da Universidade de Vigo.

Adicionalmente, as instalacións cumpren cos requisitos de accesibilidade que marca a normativa vixente. Regularmente avalíase a accesibilidade destes para persoas minusválidas e todos os anos se revisan e eméndanse as posibles incidencias ao respecto en colaboración co Vicerrectorado correspondente e a mencionada Unidade Técnica.