Inicio

 

Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade

No curso 2019-2020 cúmprese a XII edición do Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade da UVigo. O obxectivo do máster é impartir coñecementos relativos á enerxía, abarcando conceptos como a eficiencia e cualificación enerxética, enerxías renovables e implantación de sistemas enerxéticos tanto no ámbito industrial como no sector terciario. O máster ten unha clara vocación práctica, de modo que o estudantado poida empregar os coñecementos recibidos na realización de proxectos, polo que os coñecementos técnicos compleméntanse con aspectos, por exemplo, a avaliación económica e a análise do impacto medioambiental.