Primeiro cuadrimestre
Módulo de Avaliación Enerxética
Neste módulo analizaranse en primeiro lugar as tecnoloxías de aplicación nos distintos sectores (doméstico, comercial e industrial) así como a súa relación coa eficiencia enerxética. A continuación introdúcese a metodoloxía para a realización de auditorías enerxéticas así como as ferramentas de análise, avaliación e xestión relacionadas coa implantación de medidas de aforro enerxético.
Materia | Carácter | ECTS |
---|---|---|
Eficiencia nas tecnoloxías industriais | Obrigatoria | 4.5 |
Auditorías Enerxéticas e Certificación Enerxética | Obrigatoria | 4.5 |
Módulo de Enerxías Renovables
Neste módulo abordaranse os sistemas de xeración de orixe renovable abordando aspectos técnicos, de viabilidade técnica e económica, mantemento de instalacións e normativa relacionada con estas. Dentro destas tecnoloxías analizaranse as consideradas maduras (eólica, fotovoltaica,…) así como as tecnoloxías emerxentes (enerxía mariña, energy harvesting…)
Materia | Carácter | ECTS |
---|---|---|
Xeración e almacenamento de enerxía | Obrigatoria | 3 |
Enerxía eólica e marina | Obrigatoria | 7.5 |
Enerxía Solar | Obrigatoria | 7.5 |
Segundo cuadrimestre
Módulo de Enerxías Renovables
Materia | Carácter | ECTS |
---|---|---|
Enerxía térmica renovable: biomasa e xeotermia de moi baixa temperatura | Obrigatoria | 7.5 |
Módulo de Avaliación Económica, Ambiental e Enerxética de Proxectos
Neste módulo introdúcense a metodoloxía de avaliación económica e ambiental de proxectos no ámbito da enerxía. Dita metodoloxía compleméntase coa realización de obradoiros prácticos onde se realizarán proxectos de distinta tipoloxía.
Materia | Carácter | ECTS |
---|---|---|
Avaliación ambiental e económica | Obrigatoria | 4.5 |
Obradoiros prácticos de realización de proxectos no ámbito da enerxía | Obrigatoria | 4.5 |
Módulo de Sistemas Enerxéticos
Neste módulo abórdase a temática da enerxía desde un punto de vista transversal, nel tratarase a distribución da enerxía eléctrica, a avaliación de sistemas enerxéticos de aplicación en distintos sectores (doméstico, comercial e industrial) así como os sectores enerxéticos (gas, hidrocarburos e eléctrico). Trataranse os sistemas que representan a estado da arte nestes aspectos como son as Redes Intelixentes (Smart Grids) ou a distribución de enerxía térmica (Distrit Heating). Por último, a análise de sistemas enerxéticos compleméntase coa introdución da simulación como ferramenta de avaliación de proxectos de distinta índole.
Materia | Carácter | ECTS |
---|---|---|
Sistemas enerxéticos no ámbito doméstico, comercial e industrial | Obrigatoria | 3 |
Sistemas avanzados de analise e distribución de enerxía | Optativa | 3 |
Prácticas en empresa
Esta materia permitirá ao estudantado aplicar na práctica profesional os coñecementos adquiridos no máster. Regularanse polo especificado na Normativa da Universidade de Vigo e pola normativa propia do máster.
Materia | Carácter | ECTS |
---|---|---|
Prácticas externas | Optativa | 3 |
Traballo Fin de Máster
O TFM ten como principal obxectivo que o estudantado empregue os coñecementos adquiridos no máster para resolver un caso práctico relacionado cunha ou varias das disciplinas impartidas no máster. A realización do devandito traballo regularase segundo a normativa do propio máster.
Materia | Carácter | ECTS |
---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatoria | 10.5 |