Comisión académica

 

Mecanismos de coordinación docente

Os mecanismos de coordinación docente para os títulos de posgrao da EEI desenvólvense segundo o establecido no Procedemento de Planificación e Desenvolvemento do Ensino (DO-0201 P1) do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGC) da EEI.

O título contempla a figura do Coordinador de materia para asegurar a adecuada coordinación docente en cada unha das materias do título así como entre distintas materias a través de diversas reunións de seguimento programadas polo coordinador do título. As conclusións destas reunións son analizadas pola Comisión Académica do máster durante a elaboración do informe de seguimento do título que xera, entre outros resultados, un Plan de Melloras.

O coordinador de materia figura en cada unha das guías docentes das distintas materias do máster. Ademais, o coordinador do título actúa como coordinador do Traballo de Fin de Máster e da materia de Prácticas en Empresa, encargándose de coordinar aos distintos titores tanto da universidade como da empresa.

A coordinación do máster encárgase, de fronte ao estudantado, de articular os medios físicos e humanos precisos para a impartición do máster, realizar a coordinación de contidos entre as materias e supervisar o traballo dos Coordinadores de Materia, de Cuestionarios e de Avaliación, así como resolver aquelas reclamacións do estudantado respecto ao funcionamento do máster que non fosen liquidadas polos coordinadores correspondentes.

Para poñerte en contacto coa coordinación diríxete á secretaría do máster: mes@uvigo.es.