Xornada de acollida
Ao comezo de cada curso académico, en setembro, organízase unha Xornada de Acollida
O máster realiza unha xornada, previa ao comezo das clases, de acollida e orientación ao novo estudantado, onde o persoal coordinador do máster e das materias explica ao novo estudantado:
- Como contactar coa coordinación do máster, coordinacións de materia, profesorado, e secretaría do máster.
- Como se realiza a coordinación entre as materias do máster.
- Como se realiza o acceso á plataforma de teledocencia TEMA.
- Como se consegue enderezo electrónico da Universidade de Vigo
- Onde se encontra a documentación entregada polo profesorado do máster e como se accede.
- Onde se encontra as guías docentes, guía de titulación, calendario/horario, regulamento do TFM, guía de solicitude e asignación de TFM, guía de entrega e presentación do TFM, etc…
- Explicación do procedemento para solicitar o TFM.
- Explicación do procedemento para solicitar Prácticas en empresa.
- Método de avaliación de cada unha das materias do máster na convocatoria de xuño e xullo.
- Como presentar queixas e suxestións.
- Clases prácticas en instalacións previstas.
Así mesmo, na presentación infórmase sobre servizos da Universidade de Vigo.
Realízase un documento para apoio á exposición que se deixa como referencia co resto da documentación na plataforma de teledocencia TEMA.